lunes, 4 de abril de 2011

Óscar Rivero: Olimpíada matemática

Publicado onte na web da Xunta:


Tres alumnos galegos veñen de conseguir medalla na fase nacional da XLVII edición da Olimpíada Matemática Española, que se vén de celebrar en Pamplona, e na que resultaron premiados un total de 36 estudantes. Ademais, Óscar Rivero Salgado, alumno de 1º de Bacharelato do IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), que obtivo medalla de ouro, formará parte por segundo ano consecutivo do equipo de 6 membros que representará a España na  LII Olimpíada Matemática Internacional (IMO), que terá lugar en Holanda. Entre estes membros formarase tamén o equipo de 4 representantes españois na XXVI  Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, que se celebrará en Costa Rica.

Inés Cadórniga Zueco, alumna de 2º de Bacharelato do IES Val Miñor (Nigrán), e Carlos García Ling, que estuda 4º de ESO no colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela) obtiveron cadansúa medalla de bronce na fase nacional deste certame.

Os resultados obtidos nesta competición confirman o bo estado das competencias matemáticas dos estudantes galegos. Non en balde nos resultados do último informe PISA a media obtida polo alumnado de Galicia nesta competencia foi de 489 puntos, 6 por riba da media do Estado
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario