lunes, 4 de abril de 2011

Texto de David Otero: apoloxía do libro infantil e xuvenil

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
DOUS DE ABRIL.

Os libros son medios para facer lectura. Son soporte de moitas cousas xa de primeiras… interesantes. Logo estas cousas poden volverse marabillosas ou non tanto, pois iso xa depende de ti lectora ou de ti lector.
Ti farás – debes facer - lectura . Lectura túa. E facela co que che dá o libro. E tamén co que ti deas. Debes ser xeneroso sen calotes, nin trampas.
Pola lectura, ese facer tan enormemente interesante, que lle gusta a bastantes, ti es dono de ti e tamén faste dono do texto. Fabricas á man, en exercício de pensamento, a túa lectura que podes compartir ou non, pero que é a túa e que por iso mesmo ese feito resultante e bonito, LER, debes realizalo con sumo gusto, con alegría, activamente e creativamente, poñendo todo da túa parte, pensándote, léndote, e collendo tamén do que che ofrecen xentes que te aprezan e que queren que a túa lectura sexa de proveito, de bo apaño, viva, activa, creativa, persoal.
Na lectura, no soporte do libro, ti podes bordar teas de primorosas ideas e palabras, de textos con valor inmenso, cos que te vestir e ir de campar bonito pola túa vida e pola que saborexas cos demais.
E por iso diremos que os LIBROS conteñen os desexos dos pobos, das persoas, das lectoras e dos lectores.
Os libros conteñen zumes do crear e do pensar que todos podemos degustar e gustar – LER- a grolos de fantasía e ilusións sempre animados a tope desde quen fomos, somos e queremos ser.
Os libros son un exemplo da riqueza dos pobos, do teu pobo, do noso pobo.
OS LIBROS SON QUEN AXUDAN A QUE OS POBOS REFORCEN A SÚA DIGNIDADE DESDE O SEU IDIOMA, DESDE A SÚA CULTURA, DESDE A FRESCURA DA SÚA IDENTIDADE, DESDE OS SEUS FONDOS DESEXOS DE SENTÍRENSE ACTIVADOS PARA COMPARTIR, PARA CONVIVIR, EN LIBERDADE, CREATIVAMENTE, NA ALEGRÍA DO ORGULLO DE VIVIR.
POLA LECTURA – LENDO A VIVIR CON MIRADAS NOSAS NOS LIBROS DE CULTURA E DE LITERATURA- SENTIMOS TAMÉN POLAS AXUDAS E PISTAS DAS ESCRITORAS E DOS ESCRITORES AS MENSAXES LIMPAS DE TANTOS AMORES NESE TESOURO DE LETRAS E PALABRAS , A LINGUA NOSA, QUE NOS SEDUCE.

david otero- lecto-escritor



Es miembro fundador del Pen Club de Escritores Gallegos, de Galix (‘Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil’), de la Fundación Castelao, de la A.C. ‘O Brado’, de la Fundación Alexandre Bóveda, del ‘Pedrón de Ouro’, del ‘Padroado San Martiño’, del Colectivo Cultural Estradense, de la ‘Asociación dos amigos dos Pendellos’ de A Golada, del Movimiento de Renovación Pedagógico ‘Nova Escola Galega’, de la AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) y de Irimia.
Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagógica en las áreas de lengua gallega, animación a la lectura y psicomotricidad. Formó parte del equipo redactor de los programas de lengua y de literatura gallegas para la enseñanza no universitaria. Además, colaboró en la autoría de libros de texto de Lengua Gallega para las editoriales ‘Xerais’ y ‘Galaxia’ y fue codirector de la colección ‘Árbore’ de literatura infantil de la editorial Galaxia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario