martes, 29 de marzo de 2011

Óscar Rivero: un cerebro matemático formado no Cidade de Antioquía



Óscar Rivero acaba de gañar unha medalla de ouro na Olimpiada Matemática de España, quedando terceiro (xa o ano pasado acadara unha medalla de prata). O seu próximo reto agora é a Olimpiada Internacional que se celebrará en Amsterdam.


Unha vez máis --e de seguro que continuaremos facéndoo--, noraboa Óscar polos teus logros no  campo das matemáticas.






 Estes son algúns dos medios impresos e dixitais que recoñecían hoxe o labor do noso estudante, sen contar os rediofónicos e televisivos que están a converter a Óscar en todo un fenómeno mediático no Centro.

Estamos moi orgullosos de ti!

No hay comentarios:

Publicar un comentario